Chegounos a Árbore esta proposta que resulta moi interesante e queremos compartir con todos vos:
Esta é unha convocatoria para todas aquelas persoas e colectivos interesadas en formar parte dunha rede de sementes.
Levamos xa varios meses organizando actividades relacionadas co tema da conservación e recuperación de variedades antigas e locais de sementes hortícolas e cremos que é necesario empezar a crear unha rede de persoas interesadas en conservar e reproducir algunha destas variedades.
Con tal motivo convocámosvos a participar nunha reunión o domingo 22 de agosto no centro social de Massó, en Cangas, a partir das 11:30 da mañá.