Chéganos a seguinte información do GIEEA da Universidade de Vigo:
Iniciativas agroecolóxicas innovadoras para a transformación dos espazos rurais
Obxectivo xeral
No ámbito do IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica queremos discutir e aprender das experiencias agroecolóxicas innovadoras que se estean a desenvolver en Galiza, no Estado e no Mundo. A posta en marcha de experiencias agroecolóxicas innovadoras é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo as problemáticas existentes e propondo alternativas, co obxectivo de dinamizar o medio rural e afondar na súa sustentabilidade.
Podedes atopar máis información sobre o IV Congreso na páxina web: http://economiaecoloxica.uvigo.es









