
A Asociación AMARANTE Setem volta a realizar o proxecto XANELA ABERTA AO SUR co obxectivo de facilitar un espazo de coñecemento das diferentes realidades do Sur a todas aquelas persoas que o desexen.
Xanela Aberta ao Sur é un proxecto no que se mixtura a teoría coa práctica realizando xornadas de formación e visitas a proxectos de organizacións de Brasil, Ecuador e Marrocos, co ánimo de que as participantes poidan coñecer de primeira man o que está acontencer en cada un dos países.
O mércores 10 de Marzo, en Vigo, charla informativa sobre Marrocos, Ecuador e Brasil no Local de Amarante ás ás 20:30.
Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amaranteong.org ou chama ó 886 111 327 (a inscrición está aberta ata o 12 de Marzo). Tamén podes atopar toda a información actualizada no Blog do Xanela http://amaranteong.org/xanela








